Organización da docencia no curso 2020/2021

ORGANIZACIÓN DOCENTE PARA O CURSO 2020-2021

A organización docente do curso 2020-2021 está condicionada pola situación sanitaria derivada do COVID-19 e polas indicacións e recomendacións sanitarias que estableceron o Ministerio de Sanidade, a Xunta de Galicia e a propia Universidade da Coruña.

O principal cambio derivado das devanditas indicacións afecta á capacidade máxima das aulas, xa que, ao ter que garantir unha separación de 1,5 metros entre todas as persoas presentes, a súa capacidade queda reducida de forma substancial. Por tanto, tivemos que reordenar a utilización das infraestruturas do centro, recolocando clases teóricas e prácticas, o que fai imposible a  presencialidade en aula en todas as materias.

As medidas de organización docente do próximo curso buscan garantir o cumprimento das indicacións de prevención sanitaria establecidas polas autoridades e afectar o menos posible ao normal desenvolvemento do curso, optimizando o uso das aulas e priorizando a  presencialidade nos primeiros cursos.

Realización de exames 

Todos os exames, incluídas as probas parciais que se poidan planificar nalgunhas materias, desenvolveranse de forma presencial na Facultade, salvo indicación expresa do profesorado responsable. 

Organización docente do Grao en Enxeñería Informática

Materias comúns de primeiro, segundo e terceiro curso:

  • Todas as clases prácticas desenvolveranse na aula.
  • Clases de teoría:
    • Teoría do grupo de docencia en inglés (1º e 2º): en aula.
    • Primeiro curso:
      • Grupos de teoría 1, 2 e 3: en aula.
      • Grupo de teoría 4: a través de Teams.
    • Segundo curso:
      • Grupo de teoría 1: a través de Teams.
      • Grupos de teoría 2, 3 e 4: en aula.
    • Terceiro curso:
      • Grupo 1: a través de Teams.
      • Grupos 2 e 3: en aula.

En primeiro curso, o alumnado de novo ingreso terá prioridade á hora de ser asignado aos grupos de teoría en aula.

Materias de mencións (cuadrimestres  Q6,  Q7 e  Q8):

  • Todas as materias de mención desenvolveranse a través de  Teams, tanto as clases de teoría como as de prácticas. De todos os xeitos, reservaranse as aulas previstas para cada materia no seu horario establecido para que o alumnado que o desexe poida seguir as clases desde as devanditas aulas.
  • Así mesmo, o profesorado que o desexe poderá impartir as clases de mencións desde esas aulas. Con todo, salvo acordo con todo o alumnado matriculado na correspondente materia, estas clases deberán organizarse para poder ser seguidas por Teams e deberán ser compartidas mediante a devandita plataforma, polo que non será obrigatoria a  presencialidade do alumnado na aula.
  • Os exames destas materias (tanto os que correspondan á avaliación continua como as probas finais) realizaranse na  FIC, salvo acordo expreso entre profesorado e alumnado.

Organización docente do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos

Todas as clases do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos desenvolveranse de forma presencial na aula, tanto en clases de teoría como en clases de prácticas.

Organización docente dos mestrados

O coordinador ou coordinadora informará das medidas  organizativas, tratando de manter, na medida do posible, a mesma organización de cursos pasados.

No caso do Mestrado Universitario en Enxeñería Informática ( MUEI), tanto as clases de teoría como as clases de prácticas desenvolveranse de forma presencial.

Comportamento de alumnado e profesorado no centro

Débense seguir as indicacións publicadas na web:

https://www.fic.udc.es/gl/novas/medidas-fronte-a-covid-19-na-fic

POSIBLES CAMBIOS A ESTAS MEDIDAS

Calquera destas medidas pode sufrir cambios en función da evolución da situación sanitaria e das indicacións das autoridades.