Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Mobilidade

Vostede está aquí

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña participa en diferentes programas de movilidade:

  • Erasmus +
  • Convenios bilaterais
  • SICUE

Máis información:

Dobre grao coa University of South Wales

Existe un convenio entre a Universidade da Coruña e a University of South Wales que posibilita que estudantes da FIC poidan obter duos graos universitarios sempre que cursen e aproben 60 créditos na citada universidade do Reino Unido. Ao finalizar todos os estudos, o estudante terá os seguientes títulos:

Para participar no programa, é imprescindible:

  • Ter superadas todas as materias de primeiro e segundo curso do Grao en Enxeñaría Informática ao finalizar o curso anterior á mobilidade
  • Posuír un nivel equivalente a C1 de inglés. Máis concretamente, o nivel de inglés esixido é IELTS 6.0, TOEIC 880 ou TOEFL 80. Para aqueles estudantes que non teñan acreditado o nivel, e estean interesados en participar no programa, realizase una proba externa.

Aínda que a equivalencia entre materias está pensada para estudantes que teñan superado só o primeiro e o segundo curso do grao na FIC, é posible a participación no programa de estudantes que estivesen matriculados en materias de terceiro no curso anterior. Estes casos estudiaranse de forma individualizada.

Entre os alumnos solicitantes haberá a posibilidade dunha mobilidade Erasmus, que se otorgará tendo en conta o expediente académico.

No seguinte documento pódese consultar o procedemento para a solicitude e xestión do recoñecemento de materias para os alumnos interesados (aprobado pola comisión académica do centro o 3 de setembro de 2014): procedemento

A continuación inclúese o formulario de solicitude en diferentes formatos: formato doc, formato odt, formato pdf.

Pode consultarse máis información na wiki.

Contacto: 

Responsable de mobilidade do centro: Susana Ladra González.

Email de contacto: erasmus.fic @ udc . es

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña