Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Plano de Acción Titorial (PAT)

Vostede está aquí

O plan de acción titorial (PAT) asigna titores e mentores ao estudantado da FIC, para que supervise a súa correcta adaptación ao centro e o adecuado aproveitamento das súas aprendizaxes.

Os obxectivos do PAT son:

  • Axudar á adaptación e integración do alumnado de nova incorporación.
  • Fomentar o uso dos recursos e servizos dispoñibles tanto no centro como na universidade para mellorar a vida universitaria dos alumnos.
  • Tratar de potenciar o rendemento académico e a adquisición de competencias transversais do alumnado do centro.
  • Orientar ó alumnado no plano profesional de cara á súa incorporación ó mercado laboral.
  • Fomentar a participación do alumnado no PAT, e máis en xeral, na vida do centro e na representación de estudantes.

Durante as sesións de orientación entre os titores e o alumnado, tanto individuais como grupais, trátanse puntos como os seguintes:

  • A función do PAT no centro e a adaptación ás necesidades do alumnado.
  • Coñecemento que ten o alumnado sobre o centro: calendario académico, horarios, exames, equipo decanal e as súas funcións, espazos, servizos e recursos do centro.
  • Particularidades do plano de estudos (especialidades, optatividade, prácticas en empresas, traballos fin de grao/mestrado).
  • Asociacións estudantís e de representación de estudantes.
  • Servizos, programas, asociacións útiles na súa vida académica tanto do centro como da UDC: secretaría, biblioteca, LERD, SAPE, OSL/GPUL, Erasmus, CAU, CeCaFi, extensión universitaria (deporte, cultura), ADI, etc.
  • Docencia en inglés e mobilidade (de fin de estudos e prácticas).
  • Adquisición de competencias transversais (habilidades de comunicación, emprendemento, etc).
  • Organización do tempo de estudo.
  • Información de diferentes tipos de matrícula (tempo parcial), recoñecementos, paso dende titulacións a extinguir a titulacións novas.
  • Orientación laboral, detectar cal é o coñecemento da súa profesión  Información sobre formación de posgrao (mestrados no centro e outros). 

A filosofía xeral do PAT está reflexada na web do PAT da UDC e nos seguintes documentos descríbese a implementación do PAT na FIC nos últimos cursos:

Estructura do PAT do centro e contactos: 

Implementación do PAT nos graos do centro:

Nas titulacións de Grao en Enxeñaría Informática e Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, cada grupo de teoría asígnase a un titor por cuadrimestre. Terán, como mínimo, tres reunións anuais co seu grupo: unha a principios do curso, outra a principios do segundo cuadrimestre, e outra a finais do curso académico.

Existe tamén a figura de estudante mentor: estudantes dos últimos cursos do grao (3º e 4º) ou alumnos que, cursando o grao, estean matriculados nalgún dos másteres do centro, que se presentan de forma voluntaria para participar no programa, orientarán aos alumnos de primeiro e segundo curso. Cada un dos grupos de teoría destes cursos terá asignado varios estudantes mentores que realizarán unha serie de reunións co seu grupo (ao redor de tres reunións cada cuadrimestre) para complementar a función dos profesores titores.

As persoas con vinculación á UDC teñen máis información no noso taboleiroFIC

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña