Podes descargar aquí o folleto informativo do MUEI en formato .pdf.
A Facultade de Informática imparte o Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI) dende o curso 2012/13. As características deste máster son as seguintes:
Trátase do título oficial que culmina o proceso de adaptación da oferta da FIC ao EEES, e que corresponde á formación do titulado superior en Enxeñaría Informática seguindo as recomendacións do marco profesional, sendo o título que asegura a adquisición de todas as competencias establecidas para a profesión.
Consta de 90 créditos ECTS (60 en dez materias de primeiro curso; 30 en dúas de segundo curso, que son Prácticas en Empresa e Traballo Fin de Máster).
Garante o contacto co mundo profesional: participan empresas na materia Prácticas en Empresa, no Traballo Fin de Máster e impartindo conferencias e seminarios. Aquí podes atopar máis información.
Permite ampliar, actualizar e consolidar os coñecementos necesarios para o desenvolvemento profesional de calquera persoa titulada en Informática.
Este título está acreditado polo prestixioso selo Euro-Inf. Euro-Inf é un Selo Internacional de Calidade (SIC) para o ámbito académico universitario, promovido por EQANIE (European Quality Assurance Network for Informatics Education), que recoñece que os estudos cumpren amplamente coas esixencias profesionais no ámbito da informática.
Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia. O MUEI é un dos tres másteres de Galicia que contan con este prestixioso recoñecemento.
A continuación, indícanse algunhas das principais axudas compatibles con este máster, clasificadas por organismo.
Da Universidade da Coruña
Da Xunta de Galicia
Do Ministerio de Educación
Ademáis do anterior, pódese contactar co Servicio de Asesoramiento e Promoción do Estudante (https://udc.gal/gl/sape/) da Universidade da Coruña, para consultar información doutras axudas existentes.
Para matricularse no MUEI, previamente hai que preinscribirse no prazo correspondente (os prazos indícanse máis abaixo) e despois realizar a matrícula no prazo asociado a esa preinscripción.
Para realizar a preinscripción on-line pulse no siguiente enlace: Preinscripción en máster.
Unha vez realizada a preinscripción, debe entregar na Administradión da Facultade de Informática a documentación requerida. Ver apartado "Preinscripción nos mestrados" en "Estudios de máster". Se ten dúbidas ó respecto, pode contactar con administración (ver os datos de contacto).
Finalmente, a matrícula será efectiva se hai prazas vacantes e se cumpren as condicións de admisión. Teña en conta que o número de prazas é limitado e poderían cubrirse en calquera prazo (agás no prazo extraordinario para estudantes de sistemas universitarios alleos ao EEES, onde só se poden cubrir, como máximo o 30% das prazas.), polo que lle interesa preinscribirse e matricularse canto antes.
Para o curso 2022/2023 ofertanse 40 prazas.
Prazos de preinscrición e matrícula para alumnos de novo ingreso (documento oficial).
Prazo de matrícula para alumnos de continuación de estudos.
Máis información sobre admisión e matrícula no TaboleiroFIC.
O MUEI segue o calendario académico da FIC, que pode consultarse aquí.
Adicionalmente, nos seguintes enlaces, poden consultarse os horarios das materias do MUEI e o calendario de exames (que se aproba conxuntamente co calendario de exames do GEI).
Coordinador do título: José Manuel Vázquez Naya, coordinacion.muei.fic[at]udc.es.
Consultas administrativas: negociado.fic[at]udc.es / 981 167 000 ext. 1286.