Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Prácticas en Empresas

Vostede está aquí

PRÁCTICAS EXTERNAS

As prácticas académicas externas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades, cuxo obxectivo é permitir aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que lles preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empleabilidad e  fomenten a súa capacidade de emprendimiento.

De acordo co vixente Plan de Estudo do Grao en Enxeñaría Informática, a Dirección da FIC organiza e coordina a realización de prácticas curriculares e extracurriculares en empresas e institucións públicas e privadas.

O Plan de Prácticas Externas da FIC para a titulación de Grao en Enxeñaría Informática inclúe dous tipos de prácticas:

  • Prácticas curriculares: materia optativa do Plan de Estudos.
  • Prácticas extracurriculares.

As prácticas poden ser realizadas por estudantes que, no momento da solicitude, teñan superado o 50% dos créditos da titulación, incluíndo toda a formación básica.

Prácticas Curriculares

As Prácticas Curriculares están incluídas como una asignatura optativa do cuarto curso do Plan de Estudos. A duración será de 125 horas ou 250 horas a realizar durante un cuatrimestre.

A FIC ten convenios con entidades colaboradoras que ofertan anualmente prácticas aos estudantes do Grao en Enxeñaría Informática.

A práctica contará cun titor profesional asignado pola empresa e por un titor académico asignado pola FIC. Para poder realizar un correcto seguimento, o estudiante entregará ao seu titor académico informes quincenais co visto bon do seu titor profesional e unha memoria final. Unha vez finalizada a práctica, o titor profesional enviará un informe ao Decanato da FIC. Finalmente, o titor académico emitirá un informe coa calificación do estudante.

A Comisión de Prácticas en Empresas da FIC aprobou o procedemento que pode consultarse en wikific.

Prácticas Extracurriculares

As prácticas extracurriculares son aquelas que, aínda tendo os mesmos  fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente Plan de Estudos.  No entanto serán contempladas no Suplemento Europeo ao Título conforme determine a normativa vixente.

Poden realizarse como continuación dunha práctica curricular ou a través de fundacións e programas propios da UDC. A duración máxima é de 750 horas por curso académico (a condición de que o estudante non obteña o título).  A súa inclusión no Suplemento Europeo ao Título debe solicitarse antes de 6 meses da finalización da práctica presentando no Decanato a seguinte documentación: escrito de solicitude, copia do plan formativo, memoria da práctica e informe do titor profesional.

Formularios

Marco xurídico do ámbito académico

Contacto

vicedecanato.relacions.institucionais.fic [@] udc.es

 

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña