Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Emprendedores

Vostede está aquí

Na FIC promovese a iniciativa empresarial dos seus estudantes e profesores, como fruto de isto, xurdiron nos últimos anos diversas empresas de tecnoloxía entre as que podemos citar a ....

Appeiros Mobile Development

Appeiros Mobile Development S.L. é unha iniciativa empresarial promovida por estudantes Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña coa intención estratéxica de desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles intelixentes que permitan a comunicación e o acceso á información en calquera lugar e momento baseándonos nas principais plataformas de desenvolvemento para promover o seu uso sensato e universalización.

O seu enfoque é a paixon pola tecnoloxía e a busca da excelencia no desenvolvemento de software en mobilidade, fundamentada na calidade, a innovación e a responsabilidade social.

Appentra

Appentra proporciona ferramentas software de calidade que permitan un uso extensivo das técnicas de computación de alto rendemento (HPC) en todas as áreas de aplicación da enxeñaría, a ciencia e a industria. Os clientes obxectivo de Appentra son empresas e organizacións que actualizan frecuentemente as súas aplicacións de cálculo intensivo en mercados como o aeroespacial, automoción, enxeñaría civil, biomedicina ou químico.

As ferramentas software de Appentra simplifican a programación multi-core e many-core debido a que reducen a necesidade de coñecementos e habilidades en técnicas de programación paralela e HPC, o que redunda nun aumento da produtividade dos seus clientes.

En Appentra, a investigación e o desenrolo é un valor estratéxico e a innovación é o motor para proporcionar novas solucións software HPC innovadoras que satisfagan as necesidades e melloren a produtividade dos seus clientes.

Avansig

Avansig é una empresa creada por dous ex-alumnos da Facultade de Informática (David Trillo Pérez e José Ignacio Lamas Fonte) que está especializada na enxeñería do software e que nace co obxectivo de ofrecer a administración e empresas servizos de consultaría tecnolóxica e desenvolvemento de software a medida baseados en tecnoloxías SIX (Sistemas de Información Xeográfica) FOSS (Free and Open Source Software)

O seu principal obxectivo é propoñer e desenvolver a profesionais, empresas e organizacións solucións avanzadas en tecnoloxías da información e as comunicacións, co fin de mellorar os seus procesos de negocio e aportar carácter diferenciador a os seus produtos.

A actividade de Avansig está orientada a o desenvolvemento de software a medida, a I+D+I e a prestación de servizos dentro do campo das tecnoloxías SIX. Este campo, en constante crecemento e renovación, ten como principais clientes a administracións e empresas que utilizan as tecnoloxías SIX para incrementar e mellorar os seus procesos e capacidade de xestión, incrementar as súas ventas, aforrar custos e mellorar a súa competitividade.

As aplicacións e sistemas desenvolvidos por Avansig ofrecen solucións para o análise, xestión, procesado e publicación en Web de información cunha compoñente espacial, así como para a resolución de todo tipo de problemas relacionados coa organización territorial.

aCore

aCore é unha empresa de base tecnolóxica fundada por dous ex-alumnos da Facultade de Informática (actualmente cun terceiro ex-alumno coma novo socio).

A especialidade de aCore é a tecnoloxía de identificación por radio frecuencia, ou RFID, e a sua integración nos máis diversos ámbitos. Para elo, realízanse os desenrolos software necesarios en cada situación apoiados no hardware RFID máis axeitado en cada caso. O obxectivo principal de aCore é acadar sistemas completos, fiables, de calidade e que cumplan completamente os requisitos do cliente.

Easis

Easis é unha empresa galega que desenvolve e comercializa software e servicios relacionados coa actividade informática, arrancando como resultado da iniciativa empresarial dun grupo de Enxeñeiros formados na Facultade de Informática. Easis foi concebida cunha visión a largo prazo, baseada no talento e calidade dos seus empregados.

A innovación constante constitúe unha vantaxe competitiva a través da anticipación de necesidades, así como dunha inversión continua en formación.

Igalia

Igalia é unha empresa de software fundada por varios ex-alumnos da Facultade de Informática (FIC), na que traballan actualmente máis de 20 enxeñeiros da FIC. A súa actividade pasa polo desenvolvemento de solucións baseadas en Software Libre, principalmente para administración pública e multinacionais tecnolóxicas dentro e fora de España. Igalia é unha organización cooperativista e asamblearia que desenvolve un modelo de negocio innovador, rentable e sostible ó redor do Software Libre.

Imaxin|software

Imaxin|software é unha empresa formada en 1997 por catro ex-alumnos da FIC. Dedicada á consultoría e o desenvolvemento software que conta con cinco áreas de negocio:

imaxin|context: Tradución automática. Solucións multilingües de procesamento lingüístico e documental.

imaxin|localiza: Servizos integrais de localización de software a galego, portugués, español e inglés.

imaxin|gaming: área multimedia especializada en aplicacións educativas e formativas, xogos sociais, advergaming...

imaxin|groupWeb: Desenvolvemento software en ambiente web, especialmente orientada a solucións corporativas.

imaxin|avanza: Solucións personalizadas para a xestión de contidos, xestión documental, intranet e extranet.

KAPPOWSKY

KAPPOWSKY é unha empresa destinada a realización de aplicacións de tipo corporativa para Smartphones e de aplicacións con Xeolocalización para o interior dos edificios, o que denominaremos “ASPIE”: Aplicacións específicas para Smartphones de Posicionamiento no Interior de Edificios. ASPIE permitirá usar o móvil para posicionarse e indicar rutas no interior dos edificios.

Para KAPPOWSKY o deseño de aplicacións corporativas supon moito mais que crear unha carta de presentación de unha empresa e gracias as modernas cualidades dos dispositivos móviles fai que unha aplicación corporativa sexa moito máis completa que unha simple páxina web, otorgándolles novas funcionalidades.

LambdaStream

LambdaStream é unha spin-off de base tecnolóxica, creada a partir dun proxecto de investigación (VoDKA: Video-on-Demand Kernel Architecture) na que participan profesores, investigadores e ex-alumnos da Facultade de Informática. Desde o seu inicio, focaliza toda a súa actividade de I+D+i en obter plataformas robustas e innovadoras para a adquisición, codificación, cifrado, tratamento, almacenamento, distribución e presentación de contidos multimedia, centrándose especialmente nos sistemas distribuídos e disponibilidade, nos sistemas de streaming de vídeo e audio, nos sistemas de vídeo baixo demanda, así como na obtención de aplicacións, produtos, servicios e contidos interactivos para televisión dixital.

Nomasystems, S.L.

Nomasystems é unha empresa de enxeñería dedicada ao desenvolvemento de software de comunicacións para contornas de telefonía móbil e fixa, proporcionando solucións a medida para cada cliente. O ámbito de desenvolvemento está centrado nas aplicacións móbiles, solucións e servizos de telefonía, así como pasarelas de comunicacións e middleware de alto rendemento e dispoñibilidade.

A empresa fúndase no 2004 como unha spin-off da Universidade da Coruña, para levar ao mundo empresarial os resultados e o coñecemento adquirido polos seus socios fundadores durante máis de 10 anos de investigación e desenvolvemento no campo das comunicacións móbiles.

SSIT CONSULTING

SSIT CONSULTING é unha empresa Consultora en Tecnoloxía adicada ó deseño e desenrrolo de Software con tecnoloxías de última xeración conxuntamente con Linguaxes, Técnicas e Metodoloxías avanzadas de Enxeneríade Software, deseño e implantación de Redes de Datos corporativas, Domiños de Rede e servizos de consultoría nas áreas de Software, Hardware e Networking, coma así tamén ó Deseño Gráfico aplicado a Identidades Corporativas, Sitos Web, e en xeral todo tipo de deseños gráficos.

Teimas

Teimas e unha empresa creada por tres ex-alumnos da Facultade de Informática, que se dedica ao desenvolvemento de software orientada a produto. Desenvolve a súa actividade no sector medioambiental pero tamén inicia novos proxectos singulares noutros negocios. Sen dúbida, a pedra angular da sua actividade é o desenvolvemento de produtos ofrecidos coma servizo: SaaS.

Torus Software Solutions

Torus Software Solutions é unha empresa de solucións de software de comunicacións ultrarrápido, que permite acelerar aplicacións en entornos donde o rendemento é crítico, en especial nos ámbito financieiro, o das telecomunicacións e a enerxía. Torus está participada pola UDC e a Fundación Barrié, así como por investigadores do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC. É o resultado das investigacións levadas a cabo polos promotores no campo das comunicacións de altas prestacións e do financiamento recibido pola Fundación Barrié a través do Fondo de Investimento Ciencia, mecanismo creado para axudar a valorización e comercialización de tecnoloxías xeradas nas Universidades e Centros de investigación Galego.

Torus aposta firmemente polo I+D e a súa aplicación aos sectores máis competitivos, así como a valorización comercial de tecnoloxías disruptivas mediante a súa transformación en productos únicos. Torus está comprometida co progreso económico e social de Galicia, tendendo pontes entre o mundo académico e o empresarial, e o recoñecemento profesional da Enxeñaría en Informática.

Trabe Soluciones

Trabe Soluciones e unha empresa creada por catro ex-alumnos da Facultade de Informática, que se dedica ao desenrrolo de solucións software, a consultoría e a formación. Os seus desenrrolos orientanse ao entorno web, utilizando tecnoloxías innovadoras e software libre potenciando a estandarización, a accesibilidade e a usabilidade.

Trileuco Solutions

Trileuco Solutions é unha iniciativa empresarial galega, que proporciona servizos integrais de consultoría e solucións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. A nosa labor abrangue todos os ámbitos da enxeñería informática, pero a traxectoria profesional dos promotores fai que a optimización de procesos de negocio sexa un ámbito de especial interese para Trileuco.

As nosas solucións incorporan tecnoloxías e estándares amplamente consolidados no mercado, xunto ás últimas innovacións en tecnoloxías emerxentes, sendo ademais o Software Libre un dos alicerces fundamentais dos proxectos que levamos a cabo.

A nosa innovación non se cinxe únicamente á tecnoloxía, e tamén facemos uso das últimas metodoloxías áxiles de desenvolvemento, buscando incrementar a nosa productividade tanto nos procesos de desenvolvemento como na interación cos nosos clientes.

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña