MUEI - Xornada de benvida

Máster Universitario en Enxeñaría Informática

O luns día 21 de setembro, ás 16:30, terá lugar a xornada de benvida do Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MUEI).

Dita xornada realizarase a través de Teams. Podes acceder ao evento picando nesta ligazón.

Esta presentación é de especial interese para os alumnos de primeiro curso (tanto os xa matriculados como para aqueles que teñen previsto facelo). Nela trataranse os aspectos xerais do máster e comentaranse as novidades para o curso 2020/2021.

A continuación, comezarán as clases no seu horario habitual.