Erro na carga de información do plan de estudios. GEI
CORREO DE LA ADMINISTRACIÓN DEL CENTRO POR ERROR EN LA CARGA DE INFORMACIÓN DEL PLAN DE ESTUDIOS DEL #FIC_GEI
Bo día:
Este correo vai dirixido ao alumnado do Grao en Enxeñaría Informática matriculado nalgunha materia de 3º ou 4º curso.
Por mor dun erro na carga da información do plan de estudos do grao na aplicación de matrícula, algunhas materias que terían que ser ofertadas en dous cuadrimestres diferentes, se estaban a ofertar nun só.
Este erro foi arranxado e os alumnos matriculados nestas materias deben matricularse no cuadrimestre que lles corresponde. De non facerse este cambio, os alumnos non poderán cursar a materia no cuadrimestre desexado. Ao final deste correo podedes atopar a listaxe de materias afectadas por esta incidencia.
Para iniciar o proceso de axuste da matrícula, EXCLUSIVAMENTE OS ALUMNOS AFECTADOS deben indicar nun correo con asunto: "Cambio de matrícula" dirixido a administracion.fic@udc.gal a seguinte información (unha fila por materia na que queiran facer cambio no cuadrimestre de matrícula):
Nome do alumno, DNI
Código e nome da materia, cuadrimestre no que se matriculou, cuadrimestre no que desexa matricularse
Por exemplo:
--
Manuel Sánchez Pérez, 321321321Q
614G01026 - Arquitectura do Software, 1, 2
614G01060 - Sistemas Encaixados, 2, 1
Saúdos,
--
Listaxe de materias afectadas:
Código Nome da materia
614G01026 Arquitectura do Software
614G01028 Aseguramento da Calidade
614G01032 Dispositivos Hardware e Interfaces
614G01033 Arquitectura de Computadores
614G01039 Teoría da Computación
614G01042 Xestión de Procesos de Negocio
614G01043 Explotación de Almacéns de Datos
614G01052 Marcos de Desenvolvemento
614G01053 Validación e Verificación do Software
614G01058 Programación de Sistemas
614G01059 Enxeñaría de Infraestruturas Informáticas
614G01060 Sistemas Encaixados
614G01065 Deseño das Linguaxes de Programación
614G01067 Procesamento de Linguaxes
614G01072 Integración de Datos
614G01073 Sistemas de Información Empresarial
614G01074 Sectores de Negocio
614G01081 Servizos Multimedia