Contrato como investigador/a colaborador/a

CITMAga-OT-06/2025

DENOMINACIÓN: Planificación Estratéxica baixo incerteza, Fase II.

 

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-06/2025.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a. 

TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Planificación Estratéxica baixo incerteza, Fase II”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: realizar os traballos de investigación para o desenvolvemento dunha “Planificación Estratéxica baixo incerteza, Fase II”. As funcións centraríanse neste ámbito: realización de tarefas de investigación en modelización matemática, simulación numérica, optimización e control da ciencia e da industria relacionadas con procesos baixo incerteza.

 

RESPONSABLES: Profesor D. Alfredo Bermúdez de Castro e Profesor D. Ángel Manuel González Rueda.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.



MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

*   Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

  • Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do mestrado (no seu caso). Valorarase o grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Investigación Operativa, Estatística, Informática, Física ou similares) (20 puntos).
  • Formación relacionada con optimización e estatística. (5 puntos).
  • Coñecementos de inglés (5 puntos).



*    Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

  • Formación e experiencia acreditada no deseño e implementación de algoritmos de optimización matemática (determinista e estocástica). (10 puntos). 
  • Formación e experiencia acreditada na modelización de problemas de programación matemática empregando linguaxes de modelado alxebraico tales como Pyomo ou AMPL. (10 puntos).  
  • Formación e experiencia acreditada en programación en linguaxes de cálculo científico (Python, C, Fortran etc.)/ etc.) (10 puntos).
  • Coñecemento e experiencia previa en tratamento e análise de datos, modelos de predición estatística e técnicas de machine learning. (10 puntos).

     

*      Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. . Entrevistarase polo menos ás/ós tres candidatas/os  con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 40 puntos.



Criterio xeral do proceso de selección: que en condicións equivalentes de idoneidade (méritos iguais) entre dúas ou máis persoas candidatas, accederá ó posto a persoa de sexo menos representado no tipo de posto convocado.

 

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras, sempre que non estean separadas de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. No obstante, a formalización do contrato laboral con persoas destas nacionalidades queda condicionada a que as persoas  aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
  • Estar en posesión do título e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada categoría ao finalizar o prazo de solicitude.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separada/o, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

  

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.729,39 € en 14 pagas. 
  • Data inicio prevista: a partir do día seguinte á data de resolución da selección.  
  • Tipo de contrato: contrato por circunstancias da producción. 
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
  • Duración: ata o 28 de febreiro de 2026. 
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).



COMISIÓN DE AVALIACIÓN: As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída pola/o responsable científica/o a (presidiráa) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro. 

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidente: Alfredo Bermúdez de Castro.
  • Secretario: Ángel Manuel González Rueda.
  • Vogal: María del Pilar Salgado Rodríguez. 

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

 

ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 29 de setembro  de 2025 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación  remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@citmaga.gal indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-06/2025. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.  

 

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

  • Recepción de solicitudes: ata o 29 de setembro de 2025 ás 23:59 horas.
  • Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 29 de setembro de 2025.
  • Resolución da convocatoria: semana do 29 de setembro do 2025.

     

Máis información: CITMAga-OT-06/2025 - CITMAga