A FIC recibe o selo de calidade EURO-INF

A FIC acaba de recibir os informes positivos da avaliación do Selo de Excelencia EUROINF, que recoñece que os estudos cumpren amplamente coas esixencias profesionais no ámbito da informática.

As titulacións da FIC con selo EURO- INF son:

  • Grao en Enxeñería Informática
  • Máster Universitario en Enxeñería Informática

 

O selo EURO-INF 

EQANIE, a Rede Europea de Garantía de Calidade para a Educación en Informática,que concede o certificado de calidade EURO- INF, xa acreditou máis de 150 programas de máis de 50 universidades diferentes en máis de 10 países. 

 

Os fins de EURO- INF son:

  • Mellorar a calidade e a transparencia dos programas educativos en informática.
  • Proporcionar información sobre os estudos en Europa a través dunha certificación adecuada para os programas educativos acreditados en informática.
  • Facilitar o recoñecemento mutuo das titulacións entre diferentes países.
  • Aumentar a mobilidade dos estudantes.

 

O valor do selo EURO-INF 

  • Garante que o programa cumpre con altos estándares internacionais.
  • Para os estudantes, é unha proba adicional recoñecida polos empregadores no ámbito europeo.
  • Para os empregadores, garante que os candidatos posúen os coñecementos e as competencias que rexen as normas internacionais.
  • Para as universidades, é un certificado adicional de calidade e ratifica que o programa acreditado cumpre cos estándares académicos e profesionais.