Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

A CÁTEDRA EVERIS

Vostede está aquí

DESCRICIÓN DA CÁTEDRA

A cátedra ten como obxecto o regular unha colaboración estable entre a Universidade  da Coruña e everis, co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da nosa sociedade.

PRINCIPAIS OBXECTIVOS

  • Colaborar na docencia da Facultade de Informática e, especialmente, no campo da transformación dixital das organizacións públicas e persoais de Galicia.
  • Promover actuacións que estimulen o talento dos estudantes e faciliten a súa incorporación ao mundo laboral, a través do aliñamento das súas competencias, coñecementos e habilidades coa demanda actual e futura do mercado laboral.
  • Favorecer actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da Facultade de Informática.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

  • Actividades de formación e divulgación.
  • Actividades de transferencia e de investigación.

DIRECCIÓN

Dirección da cátedra: Adriana Dapena Janeiro, profesora titular da Universidade da Coruña.

Contacto: catedra.everis@udc.es

Existe unha Comisión de Seguimento, órgano encargado da planificación, seguimento e avaliación das accións levadas a cabo dentro da cátedra.

Por parte da UDC os membros da Comisión de Seguimento son:

  • Salvador Naya Fernández, Vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia,
  • Mariano J. Cabrero Canosa, decano da Facultade de Informática,
  • Adriana Dapena Janeiro, directora da cátedra.

Por parte de everis, os membros da Comisión de Seguimento son:

  • Alberto Borrego Díez, director everis Galicia,
  • Francisco Javier Bouzada Jaureguizar e Marianne Branco Martiño, membros do equipo executivo de everis Galicia.

MEMORIA DE ACTIVIDADES

COÑÉCENOS MÁIS

Facultade de Informática da Coruña

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña