Xa comezou o período de avaliación docente das materias do segundo cuadrimestre de todas as titulacións, permanecerá aberto do 15 de maio ao 25 de xuño en "Avaliemos"
Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos do Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde (prazo titulacións estranxeiras).
O vindeiro mércores 10 de maio ás 16:30, na aula 3.2, celebrarase unha reunión informativa acerca da materia Prácticas en Empresa así como acerca da normativa para a realización do Traballo Fin de Grao.
Debido a unha incidencia no servizo informático de almacenamento, os alumnos do grao en enxeñaría informática non poden acceder as súas contas no S.O. Linux. Os servizos informáticos están facendo todo o posible para poder arranxar dita incidencia canto antes.