Desde a Cátedra Handytronic-Grupo Telecon organizouse un taller práctico sobre Interfaces cerebro-computador na FIC para o vindeiro martes, 14 de maio de 2019 ás 17:30h.
O próximo martes, 14 de maio, a partir das 10:00, celebrarase unha xornada de presentación dos títulos de mestrado da Facultde de Informática. A xornada terá lugar na aula A.2.1.b da Facultade, co seguinte horario:
O vindeiro martes día 7 de maio, ás 17:30, no salón de actos, terá lugar unha sesión informativa na que se presentarán os itinerarios do grao en Enxeñaría Informática. Esta sesión é de especial interese para os alumnos de segundo de carreira.