Xornada de presentación dos títulos de mestrado da Facultade de Informática

O próximo martes, 14 de maio, a partir das 10:00, celebrarase unha xornada de presentación dos títulos de mestrado da Facultde de Informática. A xornada terá lugar na aula A.2.1.b da Facultade, co seguinte horario:

10:00    Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática

11:30    Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde

12:00    Mestrado Universitario en Matemática Industrial

12:30    Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións

13:00    Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas

13:30    Mestrado Universitario en Ciberseguridade