Xornada de portas abertas 2020

A Facultade de Informática celebra a súa xornada de portas abertas o sábado 8 de febreiro de 2020, a partir das 11:00.

A xornada está orientada a estudantes de ESO e bacharelato, profesorado, orientadores e familiares. Como parte da xornada celebraranse distintos talleres, presentarase a oferta académica do centro e realizarase unha visita ás instalacións da Facultade.

Proximamente anunciarase o programa detallado da xornada. Inscrición gratuíta na seguinte ligazón:

https://www.eventbrite.es/e/entradas-jornada-de-puertas-abiertas-2020-facultade-de-informatica-da-coruna-89606243687