Taller "Desenvolvemento de habilidades comunicativas orais"

27 y 28 novembro. Cátedra Everis

A Cátedra UDC-everis en Transformación Dixital quere potenciar as habilidades de comunicación oral dos estudantes da FIC. Por iso, convida a todos os estudantes da FIC e, en especial, aos matriculados en TFG, a participar no taller "Desenvolvemento de habilidades comunicativas orais" que se celebrará na FIC os próximos 27 e 28 de novembro (quendas de mañá e de tarde).  Os estudantes poden indicar a súa predilección de horario en: 

Solicitude praza no taller "Desenvolvemento de habilidades comunicativas orais".

Tentarase respectar a orde indicada, sempre que se poidan formar grupos reducidos (10 ou 15 estudantes).

Máis información: catedra.everis@udc.es