Premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

Concedido por AMTEGA

O venres 26/10 fallouse o premio da XI edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG.

O primeiro premio recaeu nun egresado da FIC, Alejo Pacín, co seu proxecto "Proxecto Puding: punteiro dixital integramente galego".

O segundo premio tamén foi para outro egresado da FIC, Brais Arias, co seu proxecto "QAS (sensorización da calidade do aire)".

Parabén a todos os participantes, en especial aos dous premiados!

Máis info aquí