I Premios ao mellor TFG

Cátedra ALDABA-WIB

A Cátedra Interuniversitaria ALDABA-WIB: Women, ICT & Business, creada por ALDABA en colaboración coas universidades da Coruña (UDC) e Vigo (UVigo), lanza a primeira edición dos seus premios ao mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) que, dalgún xeito, promova a participación e visibilidade das mulleres no ámbito tecnolóxico.

🎯 Obxetivo:

O obxectivo desta convocatoria é recoñecer e dar visibilidade aos proxectos universitarios que, desde a innovación, a investigación ou a reflexión, contribúan a reducir a fenda de xénero nas TIC.

👩‍🎓 A quién va dirixido:

Poderán presentarse estudantes de calquera titulación de Grao da Facultade de Informática (FIC) da UDC e da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da UVigo que defendesen o seu TFG durante o curso 2025-2026, sempre que obtivesen unha cualificación mínima de notable. O premio asignado ao TFG gañador de cada universidade será de 500 €.

Os traballos avaliaranse en dúas fases: unha primeira de valoración documental —na que se terá en conta a contribución do proxecto ao obxectivo da Cátedra, a inclusión da perspectiva de xénero ou o uso de linguaxe inclusiva, entre outros criterios—,e unha segunda fase de presentación final ante o xurado, durante o acto de entrega de premios en novembro de 2026. Neste evento, as persoas finalistas defenderán publicamente os seus traballos ante o xurado, formado por representantes de ambas universidades e de ALDABA.

💰 Premio:

500 € para o mellor TFG de cada universidade.

🕒 Prazo:

Ata o 15 de outubro de 2026 ás 23:59 h.

📩 Envío de candidaturas:

A través do correo premios@wib.aldaba.es, co asunto: “I Premios TFG Cátedra ALDABA-WIB 2026”.

🎓 Sobre a Cátedra ALDABA-WIB

Constituída en 2019, a Cátedra ALDABA-WIB: Women, ICT & Business promove a colaboración entre universidade e empresa para avanzar cara a un sector tecnolóxico máis igualitario e humano.

Entre as súas liñas de actuación atópanse o fomento do talento feminino nas TIC e o apoio ao estudantado co fin de facilitar a súa incorporación ao mundo laboral.

📚 Máis información e bases:

👉 Bases do premio (PDF)

👉 Cátedra ALDABA-WIB

👉 Contacto: premios@wib.aldaba.es