Canle para estudantes interesados en programas de mobilidade internacional
Creouse unha Canle de Telegram para proporcionar información práctica ao alumnado da FIC interesado en realizar unha mobilidade con fin de estudos (ERASMUS, SICUE ou similar).
Esta canle proporcionará información práctica ao alumnado e actualizacións de interese como convocatorias, prazos, resolucións etc...
Servirá como complemento á información proporcionada polo centro e pola propia UDC a través das canles habituais.
🔗 Canle de Telegram: https://t.me/erasmus_fic_salientes






