Bolsas Santander Complemento ás Prácticas Profesionais 2025
👍 2ª Edición do Programa de Bolsas Santander Complemento ás Prácticas Profesionais 2025
➡️ Destinatarios/as: alumnado matriculado a tempo completo na Universidade da Coruña, no curso 2024/2025 nun grao, posgrao ou mestrado universitario oficial.
➡️En que consiste o programa de bolsas Santander?
Estas bolsas enténdense en concepto de axuda complementaria que recibirá cada alumno/a beneficiario/a para contribuír a sufragar os custos derivados da realización de prácticas profesionais externas xa realizadas, en proceso ou pendentes de realización xa sexan curriculares ou extracurriculares durante o 2025.
➡️Nesta 2ª edición convocanse 50 bolsas. Cada bolsa terá unha cuantía de 500€
➡️Convocatoria, formulario de inscrición e info polo miúdo no sitio web: https://www.udc.es/gl/emprego/bolsas-complementos-practicas/
➡️Remata o prazo de inscrición o día 28/10/2025 (ás 23:59 h)
Para calquer aclaración ou dúbida, estamos a túa disposición.
- 881 01 29 03
- emprego.vee@udc.gal