Apertura do procedemento de cambio de grupo/horario

Curso 2020/21. GEI e GCED

Acábase de abrir un procedemento para solicitar cambio de grupo por razóns debidamente xustificadas no horario do curso 2020/21, tanto para o GEI como para o GCED.

Na seguinte ligazón tes un formulario coas instrucións para poder facer a túa solicitude. O prazo estará aberto desde este momento ata as 23:59 do Martes 6/10/2020.

Unha vez recollidas todas as solicitudes serán as Comisións Académicas de cada unha das titulacions as que as procesarán e resolverán sobre cada unha delas.

Dita comisión non valorará ningunha solicitude que non achegue documentación acreditativa que xustifique a imposibilidade de acudir ás clases no grupo actualmente asignado.