Apertura do procedemento de cambio de grupo

GEI 2018/19

Acábase de abrir un procedemento para solicitar cambio de grupo por razóns debidamente xustificadas no horario do GEI 2018/19.

Na seguinte ligazón tes un formulario coas instrucións para poder facer a túa solicitude. O prazo estará aberto desde este momento ata as 23:59 do Mércores 26/9/2018.

Unha vez recollidas todas as solicitudes será a Comisión de Docencia da FIC a que as procesará e resolverá sobre cada unha delas.

Dita comisión non valorará ningunha solicitude que non achegue documentación acreditativa que xustifique a imposibilidade de acudir ás clases no grupo actualmente asignado.