Actuación en caso de contacto estreito con COVID

Curso 2020/21



Forma de actuar se fostes contacto estreito dalgunha persoa que confirmase o seu positivo por  COVID ou, por suposto, se destes positivo vós mesmos:

  1. Avisádenos a decano.fic@udc.es, prl@udc.es e info.covid@udc.gal o máis rapidamente posible.
  2. Poñédevos en contacto co voso médico de cabeceira ou co teléfono COVID do Sergas (900 400 116) para solicitar unha  PCR.
  3. Mantédevos en illamento ata ter instrucións do voso médico e todo o tempo que este vos indique.

É moi importante que todos actuemos con responsabilidade para que a situación sanitaria siga baixo control e podamos continuar coas clases que se están a impartir de forma presencial.