5ª edición do HPE CDS Tech Challenge

Competición internacional de talento tecnolóxico

 

 

5ª Edición do HPE CDS Tech Challenge: unha oportunidade internacional para o talento tecnolóxico!

Na pasada edición do HPE CDS Tech Challenge, o equipo PixelPixies, formado polas alumnas da Facultade de Informática —Ana Cives, Inés González e Paula Miragaya— obtivo o premio da 4ª edición desta competición internacional.

Este ano celébrase a 5ª edición do HPE CDS Tech Challenge, que conmemora o seu quinto aniversario ampliando o seu alcance a España, Colombia e México. Trátase dunha oportunidade única para que o estudantado da UDC mostre o seu talento, conecte con mozos doutros países e participe nunha experiencia centrada na tecnoloxía, a innovación e o impacto global.

Baixo o lema “A Alianza HPE GreenLake: Intelixencia Urbana Conectada”, os equipos deberán:

  • Resolver tres retos en liña nun divertido Escape Room Tecnolóxico, con probas de programación, bases de datos, infraestrutura, algoritmia e criptografía.
  • Presentar unha proposta innovadora cunha proba de concepto na Fase II.
  • Clasificarse para a gran final presencial, que reunirá aos mellores equipos nas oficinas de HPE en Madrid en abril de 2026.

 

Os gañadores poderán acceder a premios tecnolóxicos e vivir unha experiencia única que combina formación, innovación e futuro profesional.

📅 Inscricións abertas (prazas limitadas)

🔗 Más información e rexistro: HPE CDS Tech Challenge

¡Anímate a participar y sege os pasos das PixelPixies! 🚀