O próximo luns 6 de setembro realizarase unha xornada de benvida para o alumnado que ingresa por primeira vez en titulacións de grao na Facultade de Informática. Así, o luns 6 non haberá clase das materias en primeiro curso, pois temos reservado o día para outras actividades.
A asignación de estudantes a grupos/horarios da titulación do GEI e o GCED realizarase a través da ferramenta corporativa da UDC https://espazos.udc.es.