Permuta de grupo
Co obxectivo de facilitar o intercambio de grupo entre o alumnado, ábrese un procedemento de permuta de grupos.
O interesado pode publicar neste taboleiro de anuncios virtual un anuncio especificando o grupo que ten asignado nestes momentos, o grupo/grupos polos que lle gustaría permutar e un email de contacto (preferiblemente da UDC). O taboleiro de anuncios permanecerá aberto ata o 20 de Setembro do 2017 as 14:00.
Unha vez chegado a un acordo entre dous alumnos interesados en realizar permuta dos seus grupos (a través do taboleiro virtual ou doutro mecanismo) esta debe formalizarse na administración do centro, entre as 9:00 do día 18 ata as 14:00 do día 20. Para a formalización é necesario entregar asinada a seguinte instancia e a fotocopia do DNI dos dous alumnos.