Tech Day ALTIA: Como avaliar proxectos de IA Xerativa no ámbito empresarial
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 17 de decembro ás 09:00 horas, na Aula 3.4, o Tech Day «Como avaliar proxectos de IA Xerativa no ámbito empresarial?», impartido por Antonio José Soto Rodríguez e organizado por ALTIA.
Durante a sesión abordaranse aspectos clave relacionados coa avaliación de solucións de IA Xerativa e sistemas RAG (Retrieval-Augmented Generation), incluíndo demostracións reais e unha actividade guiada orientada a aprender a medir a calidade, o grounding, a seguridade e a robustez dos sistemas GenAI empregados nas empresas.
O obradoiro ten un enfoque eminentemente práctico, orientado á empregabilidade e á adquisición de boas prácticas profesionais nun ámbito de crecente demanda no sector tecnolóxico.
- Data: 17 de decembro, 09:00 h
- Lugar: Aula 3.4, Facultade de Informática da Coruña (FIC)
- Organiza: ALTIA
- Máis información: seekingyou@altia.es






