Práctica Académica

Laboratorio de Bases de Datos

OFERTANTE: Laboratorio de Bases de Datos (LBD). Grupo de investigación G00089 do catálogo da UDC.

TIPO DE OFERTA: Práctica Académica (Curricular).

TRABALLO A REALIZAR:

O alumno traballará no marco dun proxecto orientado ao desenvolvemento de solucións baseadas en Intelixencia Artificial para analizar e avaliar o funcionamento dunha planta de procesado de residuos. A planta dispón de diferentes dispositivos sensorizados que recollen de maneira continua series temporais sobre o seu estado e funcionamento. O traballo terá un carácter principalmente exploratorio e experimental. O alumno deberá estudar os datos dispoñibles, realizar o seu preprocesamento e caracterización, e avaliar diferentes modelos de Intelixencia Artificial e de análise de series temporais que permitan determinar se a planta está a funcionar dentro dos seus patróns habituais. A análise abordarase en tres niveis complementarios:

  • Funcionamento a curto prazo, mediante a detección instantánea ou case instantánea de comportamentos anómalos nos dispositivos sensorizados.
  • Funcionamento a longo prazo, mediante a análise da evolución dos sensores ao longo dunha xornada para identificar desviacións, degradacións ou patróns de funcionamento anormais.
  • Funcionamento dos procesos da planta, mediante a análise conxunta dos datos procedentes de varios sensores para avaliar a correcta execución dos procesos industriais e detectar posibles anomalías nas relacións entre os distintos dispositivos.

As tarefas incluirán a exploración e preparación dos datos, a identificación de patróns de normalidade, a selección e experimentación con diferentes técnicas de aprendizaxe automática, aprendizaxe profunda e detección de anomalías, así como a avaliación e comparación dos modelos desenvolvidos.

Máis información no documento adxunto.