Adxudicación provisional de prazas de mobilidade internacional

Curso 2026/2027 - Segundo prazo

Unha vez avaliadas as solicitudes presentadas polo alumnado no segundo prazo da convocatoria de mobilidade internacional para o curso 2026/2027, publícase a relación provisional de prazas adxudicadas.

O alumnado poderá presentar as alegacións que considere oportunas dentro do prazo establecido na convocatoria (antes do 10/7/2026). Unha vez resoltas, publicarase a relación definitiva de adxudicacións.