GEI - Reunión informativa de prácticas en empresa
Segundo cuadrimestre 2025/26
O xoves 20 de novembro ás 13:00 horas terá lugar unha reunión informativa en liña, dirixida ao alumnado do Grao en Enxeñería Informática (GEI) interesado en realizar as prácticas curriculares durante o segundo cuadrimestre do curso académico 2025/26.
A sesión realizarase a través de Microsoft Teams (ligazón dispoñible no taboleiro).
Recoméndase revisar a documentación dispoñible no taboleiro para coñecer todos os detalles sobre as prácticas.






