Visita ás instalacións de NAVANTIA en Ferrol
O estudantado dos graos en Enxeñería Informática (GEI), Ciencia e Enxeñería de Datos (GCED) e Intelixencia Artificial (GIA) está convidado a participar nunha visita ás instalacións de Navantia en Ferrol o xoves 13 de novembro en horario de mañá.
Durante a visita, poderase coñecer de primeira man o Centro de Control Integrado, o Centro de Innovación e Robótica, así como as áreas de Produción e a Fábrica dixital de bloques, entre outras.
O centro asumirá o custo do transporte en autobús (ida e volta) desde a FIC ata Ferrol.
📅 Data: 13 de novembro (xoves)
🕗 Horario: de mañá
🚌 Transporte: cuberto pola FIC
🧾 Inscricións: ata o 7 de novembro ás 23:55 h
🔗 Formulario de inscrición
As prazas son limitadas, polo que se recomenda anotarse canto antes.






