Contrato predoctoral en formación

CITMAga-OT-05/2025

DENOMINACIÓN: 1 Contrato predoctoral en formación no marco dos “Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023” – REFERENCIA: PID2023-146841OB-I00”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-05-2025.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a predoctoral en formación, no marco do proxecto referenciado PID2023-146841OB-I00 financiado por convocatoria 2023 de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento» e a actuacións para a formación de persoal investigador predoctoral asociadas a dichos proxectos. Esta tese doutoral realizarase en colaboración con AIMEN, con estancias en SISSA (Italia) e ENSAM (Francia). 

TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Desenvolvemento de ferramentas de simulación numérica para a mellora de procesos en fabricación aditiva (DeNSiProAM)”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: Comprender e predicir o comportamento físico dos acuíferos mediante modelos multifísicos avanzados e técnicas numéricas de última xeración. Realizar traballos de investigación para contribuír nos seguintes paquetes de traballo do proxecto: WP2 - Desenvolvemento e implementación de métodos de discretización para fenómenos acuíferos estruturais e estacionais; WP3 - Desenvolvemento e implementación de métodos de discretización para problemas de propagación de ondas en encoros de augas subterráneas; WP4 - Análise comparativa e simulación de escenarios reais para a monitorización preditiva de acuíferos. O candidato tamén colaborará na validación experimental destes modelos; na divulgación e transferencia de coñecemento e dos resultados de investigación obtidos no marco do proxecto.

RESPONSABLE: Dra. Peregrina Quintela Estévez.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes e Máster en temáticas relacionadas coa modelización matemática, simulación numérica de procesos industriais ou afines.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

*         Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

o   Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñaría (10 puntos).

o    Expediente do máster. Valorarase o grao de afinidade das titulacións da persoa candidata cos ámbitos da Matemática Industrial (Matemática Aplicada, Investigación Operativa, Estatística, Informática, Física ou similares) (10 puntos).

o    Mobilidade e internalización de estancias de investigación (5 puntos).

o   Coñecementos de inglés (5 puntos).

*      Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

o   Experiencia e familiaridade coa modelización térmica, termomecánica e hidrodinámica en contornos industriais, incluíndo transferencia de calor, convección, radiación e cambio de fase (8 puntos).

o  Coñecemento e experiencia acreditada en simulación numérica en procesos industriais, especificamente en fabricación aditiva ou LAM-DED, que inclúa o uso de ferramentas como o Método de Elementos Finitos (FEM) (8 puntos).

o  Formación e experiencia acreditada na modelización de problemas de programación matemática empregando linguaxes de programación como Python, C, Fortran, etc. (8 puntos).

o  Coñecemento e experiencia acreditada en integrar técnicas de intelixencia artificial, especialmente redes neuronais, para mellorar os tempos de cálculo mantendo a precisión das simulacións (6 puntos).

o  Experiencia en implementar técnicas de redución de modelos (MOR - Model Order Reduction) para optimizar os tempos de simulación (6 puntos).

o  Coñecemento e experiencia acreditada en caracterización de materiais (en particular plástico) e do comportamento mecánico para a simulación de deformacións térmicas e termomecánicas (4 puntos).

*      Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistaráse polo menos as tres candidatas/os co mellor baremación e que entre os dous apartados anteriores alcancen polo menos 40 puntos.

Criterio xeral do proceso de selección: que en condicións equivalentes de idoneidade (méritos iguais) entre dúas ou máis persoas candidatas, accederá ao posto a persoa de sexo menos representado no tipo de posto convocado.

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

o   Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

o   Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras, sempre que non estean separadas de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.

o   Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. No obstante, a formalización do contrato laboral con persoas destas nacionalidades queda condicionada a que as persoas  aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.

o   Ter cumpridos os 16 anos.

o   Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.

o   Estar en posesión do título e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada categoría ao finalizar o prazo de solicitude.

o   Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.

o   Non estar separada/o, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:

*         Retribución bruta mensual: 1.304,97 € en 14 pagas.

*         Data inicio prevista: 01/10/2025, e necesariamente o día 1 do mes que corresponda.

*         Tipo de contrato: Contrato de persoal investigador predoutoral modalidade Lei 14/2011 da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

*         Categoría Laboral: Persoal investigador en formación.

*         Duración: non maior a 4 anos, segundo as bases e o anexo 1 da 2ª Convocatoria.

*         Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

O contrato é parte da axuda PID2023-146841OB-I00, financiada por MCIU/AEI/10.13039/501100011033 e polo FSE+. 

COMISIÓN DE AVALIACIÓN: As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída pola/o responsable científica/o a (presidirá) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro. 

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidente: Peregrina Quintela Estévez.
  • Secretario: Patricia Barral Rodiño.
  • Vogal: Jerónimo Rodríguez García.

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 14 de setembro de 2025 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír o Formulario de Solicitude, unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñaría e Máster; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remítese á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@citmaga.gal indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-05/2025. Unha vez recibida a solicitude, confírmase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.  

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 14 de setembro de 2025 ás 23:59 horas.

Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: 2ª quincena de setembro de 2025.

Resolución da convocatoria: última semana de setembro de 2025.

 

Máis información: CITMAga-OT-05/2025 - CITMAGA