Contrato como investigador/a predoctoral

CITMAga-OT-04/2025

DENOMINACIÓN: 1 Contrato predoctoral en formación no marco dos “Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023” – REFERENCIA: PID2023-150390OB-I00”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-04-2025.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a predoctoral en formación, no marco do proxecto referenciado PID2023-150390OB-I00 financiado por convocatoria 2023 de axudas a «Proxectos de Xeración de Coñecemento». 

TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “Técnicas numéricas predictivas basadas en modelos de multifísica para la monitorización de acuíferos (AquiNum)”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: Comprender e predicir o comportamento físico dos acuíferos mediante modelos multifísicos avanzados e técnicas numéricas de última xeración. Realizar traballos de investigación para contribuír nos seguintes paquetes de traballo do proxecto: WP2 - Desenvolvemento e implementación de métodos de discretización para fenómenos acuíferos estruturais e estacionais; WP3 - Desenvolvemento e implementación de métodos de discretización para problemas de propagación de ondas en encoros de augas subterráneas; WP4 - Análise comparativa e simulación de escenarios reais para a monitorización preditiva de acuíferos. O candidato tamén colaborará na validación experimental destes modelos; na divulgación e transferencia de coñecemento e dos resultados de investigación obtidos no marco do proxecto.

RESPONSABLES:

  • Andrés Prieto Aneiros (IP)
  • María González Taboada (co-IP)

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as con polo menos 300 créditos ECTS (European Credit Transfer System) ou inferior a 300 ECTS con mestrado universitario, ou equivalente. As persoas solicitantes deberán estar admitidas no Programa de Doutoramento "Métodos matemáticos e simulación numérica en enxeñaría e ciencias aplicadas" ao momento de asinar o contrato.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

  • Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñaría (10 puntos).
  • Expediente académico do mestrado. Valoraranse o grado de afinidade das titulacions coas as Matemáticas, a Xeofísica, a Física, a Acústica, a Enxeñería e a Informática (ou similares) (15 puntos).
  • Coñecementos de inglés (5 puntos).

Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

  • Formación e experiencia acreditada en proxectos nos que se empregou simulación numérica en problemas de multifísica (con fenómenos hidrodinámicos, acústicos e térmicos) (10 puntos).
  • Formación e experiencia previa en resolución de modelos de enxeñaría e ciencias aplicadas mediante métodos numéricos (10 puntos).
  • Formación e experiencia acreditada na modelización de problemas de programación matemática empregando linguaxes de programación como Python, C, Fortran, etc. (8 puntos).
  • Coñecementos e experiencia previa no uso de software de cálculo científico no ámbito de xeofísica e hidroloxía (10 puntos).
  • Experiencia no desenvolvemento e integración de códigos computacionais en linguaxes como C++, Python, e Julia (5 puntos).

Entrevista persoal (30 puntos).

  • As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistaráse polo menos as tres candidatas/os co mellor baremación e que entre os dous apartados anteriores alcancen polo menos 45 puntos.

Criterio xeral do proceso de selección: que en condicións equivalentes de idoneidade (méritos iguais) entre dúas ou máis persoas candidatas, accederá ao posto a persoa de sexo menos representado no tipo de posto convocado.

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS: Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras, sempre que non estean separadas de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. No obstante, a formalización do contrato laboral con persoas destas nacionalidades queda condicionada a que as persoas  aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
  • Estar en posesión do título e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada categoría ao finalizar o prazo de solicitude.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separada/o, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.304,97 € en 14 pagas.
  • Data inicio prevista: A partir do día seguinte á data da resolución da praza ofertada.
  • Tipo de contrato: Contrato de persoal investigador predoutoral modalidade Lei 14/2011 da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.
  • Categoría Laboral: Persoal investigador en formación.
  • Duración: 36 meses.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

O contrato é parte da axuda PID2023-150390OB-I00, MCIU/AEI/10.13039/501100011033 e polo FEDER, EU. 

COMISIÓN DE AVALIACIÓN: As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída pola/o responsable científica/o a (presidirá) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro. 

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidente: Andrés Prieto Aneiros.
  • Secretario: María González Taboada.
  • Vogal: Marta Benítez García.

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Edificio de Servizos Centrais de Investigación - UDC. Campus de Elviña, A Coruña.

ENVÍO DE SOLICITUDES: As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 14 de setembro de 2025 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñaría e Máster; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remítese á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@citmaga.gal indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-04/2025. Unha vez recibida a solicitude, confírmase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.  

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 14 de setembro de 2025 ás 23:59 horas.

Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: 2ª quincena de setembro de 2025.

Resolución da convocatoria: última semana de setembro de 2025.

Máis información: CITMAga-OT-04/2025 - CITMAGA