As prácticas académicas externas constitúen unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades, cuxo obxectivo é permitir aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que lles preparen para o exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de emprendemento.
De acordo co vixente Plan de Estudo do Grao en Intelixencia Artificial, a Dirección da FIC organiza e coordina a realización de prácticas curriculares e extracurriculares en empresas e institucións públicas e privadas.
O Plan de Prácticas Externas da FIC para a titulación de Grao en Intelixencia Artificial inclúe dous tipos de prácticas:
As prácticas poden ser realizadas por estudantes que, no momento da solicitude, teñan superado o 50% dos créditos da titulación, incluíndo toda a formación básica.
As Prácticas Curriculares obrigatorias están incluídas como unha materia obrigatoria do cuarto curso do Plan de Estudos. A duración será de 125 horas a realizar durante un cuadrimestre.
As Prácticas Curriculares optativas están incluídas como unha materia optativa do cuarto curso do Plan de Estudos que só se oferta para o estudantado que está a cursar o itinerario dual. A duración será de 280 horas a realizar durante un cuadrimestre.
A FIC ten convenios con entidades colaboradoras que ofertan anualmente prácticas aos estudantes do Grao en Intelixencia Artificia.
A práctica contará cun titor profesional asignado pola empresa e por un titor académico asignado pola FIC. Para poder realizar un correcto seguimento, o estudante entregará ao seu titor académico informes quincenais e unha memoria final. Unha vez finalizada a práctica, o titor profesional enviará un informe ao Decanato da FIC. Finalmente, o titor académico emitirá un informe coa cualificación do estudante.
Os estudantes interesados en realizar prácticas, poden consultar o procedemento no taboleiro virtual da FIC.
As prácticas extracurriculares son aquelas que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente Plan de Estudos. No entanto serán contempladas no Suplemento Europeo ao Título conforme determine a normativa vixente (avisarase a través das canles oficiais cando recibamos información do procedemento).
Poden realizarse como continuación dunha práctica curricular ou a través de fundacións e programas propios da UDC. A duración máxima é de 750 horas por curso académico (a condición de que o estudante non obteña o título).
A FIC xestiona as prácticas extracurriculares que sexan continuación de prácticas curriculares. Para outras prácticas, a empresa ou o estudante pode contactar con algunha fundación (FUAC, etc.).
Para dar visibilidade ás ofertas, a web pon ao dispor das empresas un apartado para a súa publicación. https://www.fic.udc.es/gl/ofertas-de- emprego-practicas Para iso, só é necesario enviar un arquivo coa oferta a vri.fic@udc.es (publicarase nun tempo máximo de 5 días).
vicedecanato.relacions.institucionais.fic [@] udc.gal