A hora do código UDC

O sábado 24 de novembro celébraremos a 4ª xornada de A hora do código, un evento gratuíto organizado pola Universidade da Coruña no marco do evento A Hora do Código que se celebra do 3 ao 9 de decembro en máis de 180 países para achegar a programación de computadoras dunha forma natural, simple, intuitiva e divertida aos nenos e nenas. O obxectivo é tratar de aprender conceptos fundamentais de programación, dispoñendo para iso de bloques lóxicos que, amoreándose nunha orde adecuada, poidan realizar unha acción concreta, como mover un personaxe nunha escena ou debuxar unha forma. Está demostrado que a exposición a este tipo de programación visual axuda a sentar as bases para a programación baseada en texto, unha actividade moito máis complexa.

Entradas na web https://lahoradelcodigo.fic.udc.es/index-gal.html

Fecha del evento: 
sábado, 24 Novembro, 2018 - 11:00