XIV Foro de Interacción Matemática Industria

O 4 de xuño de 2021 terá lugar no Edificio do Centro de Investigación en Tecnoloxías  da Información e as Comunicacións (CITIC), (UDC), o  XIV Foro de Interacción Matemática Industria, unha proposta dos grupos de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das 3 universidades galegas que consolidan o seu labor de transferencia de tecnoloxía á industria e ao sector produtivo a través de  ITMATI.

Neste  XIV Foro de Interacción Matemática Industria, as empresas convidadas exporán problemas que xorden no seu ámbito e que son susceptibles de ser tratados mediante métodos matemáticos e numéricos, estatística e investigación operativa: modelado, simulación de procesos e dispositivos, enxeñería asistida por computador (CAE), etc.

Máis info

Fecha del evento: 
Viernes, 4 Junio, 2021 - 09:15