Facultad de Informática de A Coruña
Facultad de Informática de A Coruña

Final Project

You are here

(INGLES)

O Traballo Fin de Grao é un exercicio orixinal a realizar individualmente e que para a súa superación será presentado e defendido ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría en Informática de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.

Na avaliación do traballo terase en conta a calidade e alcance do traballo realizado, a valoración da memoria e a presentación oral. A normativa de avaliación está recollida no "Regulamento dos Traballos Fin de Grao do título de Graduado en Enxeñaría Informática pola UDC, impartido na Facultade de Informática da Coruña (aprobado pola Xunta de Centro o 10 de xuño de 2013)", que se enlaza na seguinte sección.

Existe una comisión no centro, a Comisión Xestora de Traballos Fin de Grao, que se encarga de xestionar todos os procesos relativos aos TFG e asegurar a aplicación do regulamento. A composición desta comisión pode ser consultada no seguinte enlace.

Información e regulamentos

Anuncios relativos ao TFG

Podes consultar as últimas novedades na wiki ou no moodle da materia.

Na wiki podes encontrar os acordos das reunións da Comisión Xestora de TFG, entre eles, o que respecta a:

  • Horarios, tribunais e aulas das defensas dos traballos
  • Aprobación de anteproxectos, renuncias, modificacións ou prórrogas de traballos
  • Oferta de traballos por parte do profesorado
  • Anuncios sobre seminarios relacionados co traballo
  • ...
  • Horarios de defensas

Procedemento de presentación de anteproxectos

Un TFG pode ser un traballo individual que se desenvolva fóra do ámbito da materia (distinto aos ofertados polos profesores da materia). Esta modalidade esixe apresentación na administración do centro dun anteproxecto vencellado a unha das cinco mencións, e a súa aprobación por parte da Comisión Xestora dos TFG.

Para presentar o anteproxecto na administración, o estudante debe crear un novo proxecto na aplicación do xestor (no icono de novo proxecto do menú de "Proxectos"),cubrir todos os apartados e incluir aos directores. Unha vez creado o anteproxecto, debe xerarse o pdf do anteproxecto (no icono correspondente), que debeser firmado polo estudante e directores e entregado na administración do centro antes do prazo establecido.

Se existe un director externo que non é profesor do centro, o estudante debe poñerse en contacto co CeCaFIpara recibir instruccións de cómo incluir a este director.

Procedemento de solicitude de prórroga

Un traballo fin de grao debe ser defendido no curso académico no que foi asignado (no caso de traballos propostos por profesores) ou no que se aprobou o anteproxecto (no caso de traballos propostos por estudantes). Se o estudante non pode defendelo no curso académico, é posible pedir unha prórroga do traballo para defendelo no seguinte curso académico.

Para solicitar a prórroga dun TFG, é necesario volver a matricularse do TFG. Posteriormente, é necesario cubrir o formulario de solicitude de prórroga e entregalo en administración durante o primeiro mes do curso académico. Se o director ou directores dan o visto e prace, é suficiente que asine o formulario de solicitude de prórroga. Se o estudante non conta co visto e prace do director, é necesario acompañar a solicitude de prórroga cun informe do director ou directores.

Formulario de solicitude de prórroga en diferentes formatos:

Procedemento de renuncia do traballo fin de grao

O alumnado poderá renunciar a un TFG asignado mediante un escrito razoado á Comisión Xestora dos TFG. Unha vez concedida a renuncia, o alumno deberá presentar un TFG fóra do ámbito da materia ou optar á oferta de traballos por parte dos profesores da materia no seguinte curso académico.

Para solicitar a renuncia dun TFG, é necesario cubrir o formulario de solicitude de renuncia e entregalo en administración.

Formulario de solicitude de renuncia en diferentes formatos:

Procedemento de modificación do traballo fin de grao

O alumnado poderá solicitar a modificación dun TFG mediante un escrito razoado á Comisión Xestora dos TFG. É necesario cubrir o formulario de solicitude de modificación e entregalo en administración.

Formulario de solicitude de modificación en diferentes formatos:

Procedemento de solicitude de acceso á dobre mención

Para acceder á dobre mención é necesario solicitalo cun escrito entregado na administración do centro e dirixido á Comisión Xestora de TFG onde se explique a modalidade coa que se quere acceder: dous TFG diferentes ou un único TFG para ambas mencións. No caso desta segunda modalidade hai que acompañar a solicitude cun informe onde se xustifique razonadamente a adecuación do TFG proposto a cada unha das mencións, facendo especial fincapé nas competencias específicas. O Formulario de solicitude que se enlaza a continuación contempla tamén a posibilidade de solicitar o acceso a unha segunda mención posteriormente a ter obtido o título de Grao cunha primeira especialidade. A solicitude presentaráse na administración preferiblemente acompañando á presentación do segundo (ou único, segundo modalidade) anteproxecto ou, no seu caso, unha vez o alumno teña asignado o segundo TFG polo procedemento de oferta no centro.

Nota: Se ao cubrir un segundo anteproxecto no xestor da FIC da algún tipo de erro que imposibilita o proceso, por favor contactar co CeCaFI.

Formulario de solicitude de acceso á dobre mención:

Modelo de informe xustificativo para optar á dobre mención mediante a modalidade de TFG único:

En caso de dúbidas...

  • Da aplicación web: contactar co CeCaFI
  • Do procedemento dos TFG: contactar co coordinador da titulación: Marcos Ortega Hortas

A Coruña Faculty of Computer Science

Campus de Elviña s/n C.P. 15071 A Coruña
981 16 70 00
981 16 71 60

Universidade da Coruña

Facultade de Informática A Coruña