Asignación en espazos dos grupos de docencia e horarios

Alumnos matriculados en primeiro por primeira vez

Acabamos de publicar a asignación en espazos dos grupos de docencia e horarios dos alumnos matriculados en primeiro por primeira vez, agás os do grupo de inglés que serán notificados ao longo desta semana (ainda que no seu caso só teñen un grupo asignable posible, 6 e 61). Ó longo desta semana abriranse os formularios de solicitude de cambio de grupo por causas xustificadas e de permuta de grupo entre dous alumnos con matrícula equivalente. Estes formularios permanecerán abertos entre a súa publicación e o vindeiro 20 de setembro.

Durante esta semana tamén publicaremos a asignación de grupos e horarios aos alumnos con matrícula de continuación. Este ano, esta asignación prodúcese máis tarde do habitual, xa que o período de matrícula de continuación se estendeu ata o luns 4 de setembro. O proceso de asignación de matrícula de continuación é complexo, e aínda que altamente automatizado, existen pasos que hai que realizar manualmente e levan tempo.