O futuro de SAP: aproximación ao modelo IS

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 24 de novembro de 2026, de 15:30 a 17:00 horas, unha nova sesión do ciclo de conferencias WIB Aldaba | Women, ICT & Business, enmarcado na iniciativa Aplicación Práctica das TIC na Empresa.

Nesta ocasión, a charla levará por título «O futuro de SAP: aproximación ao modelo IS» e será impartida por Pablo Otero Aira, líder técnico de consultoría SAP en ALDABA.

A sesión permitirá coñecer a evolución das solucións SAP e a súa aplicación no ámbito empresarial, ofrecendo unha visión práctica sobre as tendencias e retos asociados a estes sistemas de información nas organizacións.

A actividade terá lugar na Aula 2.5 da Facultade de Informática da Coruña.