A UDC súmase á Semana Europea para a Redución de Residuos 2026

A Universidade da Coruña participará, do 23 ao 30 de novembro, na Semana Europea para a Redución de Residuos (EWWR 2026), unha iniciativa que este ano pon o foco na suficiencia material, un enfoque que convida a reflexionar sobre canto consumimos, que precisamos realmente e como podemos reducir a xeración de residuos desde a súa orixe.

Baixo este lema, a UDC desenvolverá diversas actividades dirixidas a concienciar a comunidade universitaria sobre a prevención dos residuos e o impacto ambiental asociado aos nosos hábitos cotiáns.

O programa inclúe as seguintes actividades:

Caracterización de residuos

25 de novembro, de 10:00 a 13:00 h

Actividade de voluntariado técnico ambiental centrada na análise da calidade da separación dos residuos en orixe. Terá lugar na Facultade de Economía e Empresa, no Campus de Elviña.

Cálculo da pegada de carbono dos residuos

26 de novembro, de 13:00 a 14:00 h

Obradoiro telemático que permitirá coñecer o impacto ambiental dos nosos hábitos cotiáns e ofrecerá recomendacións prácticas para avanzar cara a un consumo máis responsable.

Exposición “O lixo na UDC: Modelo Nostián”

Do 23 ao 30 de novembro

Exposición de acceso libre situada no vestíbulo da Facultade de Economía e Empresa.

As actividades desenvólvense en colaboración co Comité Eco-Campus da Facultade de Economía e Empresa.

As persoas interesadas en participar nas actividades con inscrición previa poden rexistrarse a través do seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/e/xStKgZwtdA