Talento da FIC no “Reto Insignia 4.0” de Oracle
A Facultade de Informática da Universidade da Coruña está representada no hackathon nacional “Reto Insignia 4.0”, organizado por Oracle España, a través de dous equipos formados por estudantado da FIC.
O equipo ALOE VERA, do Grao en Enxeñería Informática, e o equipo MXNJ, do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos, participan nesta competición que sitúa ao estudantado nunha contorna profesional real, enfrontándose a retos tecnolóxicos de primeiro nivel.
Nesta edición, Rita, Candela, Daniel, Marcos, Nicolás e Miguel poñen en práctica coñecementos avanzados en ámbitos crave como a Intelixencia artificial e o Cloud computing, aplicándoos á resolución de problemas reais expostos pola industria.
Máis aló do compoñente competitivo, o Reto Insignia 4.0 supón unha excelente oportunidade de conexión co mundo profesional, fomentando:
💡 A innovación, a través de solucións creativas e disruptivas.
🤝 As soft skills, como o traballo en equipo, a comunicación e o liderado.
🌐 O networking, facilitando o contacto con estudantes e profesionais de todo o país.
Desde a Facultade de Informática, felicitamos aos nosos equipos por representar á UDC neste importante escaparate de innovación tecnolóxica e desexámoslles moito éxito no reto.
A por todas, equipazos! 💪💻






