Calendario de asignación de horario/grupo ao alumnado

GEI, GCED, GIA

A asignación de estudantes a grupos/horarios da titulación do GEI, GCED e GIA realizarase a través da ferramenta corporativa da UDC https://espazos.udc.es. Dita asignación farase, por orde alfabética de apelidos, tentando respectar, na medida do posible, a preferencia de franxa horaria elixida por cada alumno, mañá ou tarde.

A orde alfabética seguirá un criterio derivado do sorteo realizado pola Xunta de Galicia no mes de Febreiro para admisión de estudantado en colexios públicos e concertados de Galicia. No curso 2025/2026 a letra de comezo será IA para a prioridade polo primeiro apelido.

Para a elección de preferencia de franxa horaria, o estudante deberá conectarse a https://espazos.udc.es, seleccionar como centro a Facultade de Informática, e picar na entrada do menú “as miñas opcións/preferencia de horario de docencia” para seleccionar a súa preferencia de franxa horaria. Nota: É imprescindible darse de alta previamente en Servizos da UDC na páxina https://servizos.udc.es.

PROCESO DE ASIGNACIÓN:

 

PRIMEIRA QUENDA:

Antes do 5 de setembro

Para os estudantes de primeiro e primeira vez.

SEGUNDA QUENDA:

Antes do 8 de setembro.

Para os restantes estudantes matriculados.

RESULTADO:

Os estudantes poderán ver o resultado do grupo e horario que se lles asignou en https://espazos.udc.es. Para cualquera incidencia (horario non asignado ou materia non asignada no horario), contactar por email con vicedecanato.infraestruturas.fic@udc.gal.

PERMUTAS:

A partir do mes de setembro nun prazo anunciado nesta web.

CAMBIOS DE GRUPO:

A partir do 9 de setembro a través dun procedemento que se anunciará nesta web (normativa).

Notas:

Os horarios OFICIAIS pódense consultar nesta misma páxina web:

 

O alumnado de dobre grao GEI-GCED non recibirá o seu horario a través de espazos.