Reunión informativa sobre o programa de prácticas curriculares do GIA (Curso 2025/26)
30 de Maio, 12:30 - Aula 2.6
O venres 30 de maio ás 12:30 h terá lugar unha reunión presencial dirixida ao alumnado do Grao en Intelixencia Artificial (GIA) interesado en realizar prácticas curriculares durante o curso 2025/26.
📍 Lugar: Aula 2.6
Durante a sesión ofrecerase información relevante sobre as prácticas externas, polo que se recomenda ao estudantado consultar previamente o taboleiro dixital para acceder á documentación dispoñible.