Graduación curso 2019/20 da Facultade de Informática

Graduación curso 2012/20 da Facultade de Informática

Estimado alumnado,

Hoxe, 12 de xuño, estaba prevista a celebración do acto de graduación da VIII promoción do Grao en Enxeñaría Informática e da VII promoción do Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática. A graduación é un acto no que alumnado, autoridades, profesorado, persoal do centro, familias e amigos nos reunimos para celebrar tan sinalado momento nas vosas carreiras en recoñecemento do voso esforzo. 

Lamentablemente, a situación que vivimos impídenos celebrar este acto da forma tradicional. Gustaríanos transmitirvos, en nome de todo o persoal do centro, os nosos máis sinceros parabéns por ter completado os vosos estudos na Universidade da Coruña, resultado dun intenso traballo e dedicación, que nos enche de orgullo.

De cara á nova etapa que se abre ante vós, xa sexa no exercicio profesional ou completando os vosos estudos, desexámosvos todos os éxitos e a sorte do mundo. Recordade sempre que a Facultade de Informática da Universidade da Coruña é a vosa casa.

Esperamos vervos pronto, e que vós e os vosos achegados esteades a levar esta situación da mellor forma posible.

Unha aperta,

O equipo decanal da Facultade de Informática