Xornada de portas abertas e Hora do Código 2020

A Facultade de Informática celebra a súa xornada de portas abertas o sábado 8 de febreiro de 2020.

A xornada está orientada a estudantes de ESO e bacharelato, profesorado, orientadores e familiares. Como parte da xornada celebraranse distintos talleres, presentarase a oferta académica do centro e realizarase unha visita ás instalacións da Facultade.

Comezará ás 11:00 con exhibición de proxectos informáticos para todas as idades. 

Ao mesmo tempo, realizaranse charlas divulgativas sobre: 

  • Seguridade e Confianza na Rede [Martiño Rivera], 
  • Big Data e xenómica [Susana Ladra], 
  • Análise de datos para a detección de impurezas no combustible para a aviación [Ricardo Cao].

A partir das 12:00 os máis pequenos poderán iniciarse na informática coa Hora do Código mentres, para os maiores, presentarase en detalle a oferta académica do centro.

Rematarase (a partir das 13:00) cunha visita ao centro e a entrega de trofeos para os participantes na Hora do Código.

Inscricións (gratuitas, por suposto):

Información para a Hora do Código: https://hourofcode.fic.udc.es/index-gal.html