Apertura do procedemento de cambio de grupo

Curso 2019/20. GEI e GCED

Acábase de abrir un procedemento para solicitar cambio de grupo por razóns debidamente xustificadas no horario do curso 2019/20, tanto para o GEI como para o GCED..

Na seguinte ligazón tes un formulario coas instrucións para poder facer a túa solicitude. O prazo estará aberto desde este momento ata as 23:59 do Xoves 12/9/2019.

Unha vez recollidas todas as solicitudes serán as Comisións Académicas de cada unha das titulacions as que as procesarán e resolverán sobre cada unha delas.

Dita comisión non valorará ningunha solicitude que non achegue documentación acreditativa que xustifique a imposibilidade de acudir ás clases no grupo actualmente asignado.