Prazos e instruccións para a elección de grupo/horario

Grao en Enxeñaría Informática

ALUMNOS DE 1º 1ª VEZ:

1) Admitidos na docencia en inglés 

• Estes alumnos non teñen que elixir grupo/horario, o centro asignaraos automaticamente ao grupo 6.1 para as materias impartidas en inglés e ao grupo 1.4 para as materias non impartidas en inglés.

2) NON pertencentes á docencia en inglés

• Os alumnos que se matriculen por primeira vez na Facultade deberán:

  1. Darse de alta na páxina servizos.udc.es (entrarán coa clave ao completar a matrícula en "impreso de código de acceso a servizos da UDC").
  2. Coa clave de usuario da UDC, obtida no paso anterior, poderán elixir grupo/horario, a través do Xestor, dende o 26 ás 10:00h ao 28 de Xullo ás 14:00h. Só poderase elixir entre aqueles grupos que non alcancen o máximo da súa capacidade. Nota: pódense ver os horarios do curso 2017/18, xunto cunha nota aclaratoria, en https://www.fic.udc.es/gl/horarios-e-exames
  3. Os alumnos que non elixisen grupo/horario o 28 de Xullo ás 14:00 serán asignados polo centro a algún dos grupos con prazas dispoñibles.

As incidencias resolveranse a través do correo webmaster.fic@udc.es en horario de 9:00h. a 14:30h.

 

ALUMNOS DE CONTINUACIÓN DE ESTUDOS:

DENDE AS 10:00H. DO 04/09/2017 ATA AS 14:00H. DO 07/09/2017.