Facultade de Informática de A Coruña

Saltar seleccción de idioma
Idioma actual:
Saltar o menú
Menú:

Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática

Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática pola UDC

21/09/15

A Facultade de Informática imparte no curso 2015/2016 a quinta edición do Mestrado Universitario en Enxeñería Informática (MUEI) pola UDC. As características deste Mestrado son as seguintes:

  • - Único máster oficial da UDC que asegura as competencias para a profesión de Enxeñeiro Informático.

  • - Trátase do título oficial que culmina o proceso de adaptación da oferta da FIC ao EEES, e que corresponde á formación do titulado superior en Enxeñaría Informática seguindo as recomendacións do marco profesional.

  • - Consta de 90 créditos ECTS (60 en dez materias de primeiro curso; 30 en dúas de segundo curso, que son Prácticas en Empresa e Traballo Fin de Mestrado).

  • - Garante o contacto co mundo profesional: participan empresas na materia Prácticas en Empresa, no Traballo Fin de Mestrado e impartindo conferencias e seminarios (cursos 2014-2015 e 2015-2016).

  • - Permite ampliar, actualizar e consolidar os coñecementos necesarios para o desenvolvemento profesional de calquera persoa titulada en Informática.

Outros enlaces:

Estudantes de novo ingreso no curso 2016-2017:

Primeiro prazo de preinscripción e matrícula para estudantes de novo ingreso (xuño-xulio 2016):

  • - Preinscrición: do 23 de xuño ata ás 14:00 horas do 13 de xullo de 2016

  • - Publicación da lista provisional: 18 de xullo de 2016

  • - Reclamacións: do 18 ao 26 de xullo de 2016

  • - Publicación da lista definitiva: 29 de xullo de 2016

  • - Matrícula: do 01 a 10 de agosto de 2016

Prazo de matrícula de continuación de estudos: 1 agosto – 5 setembro 2016Información: FAQ e portal de estudos da UDC | Contacto: negociado.fic@udc.es / 981 167 000 ext. 1286