Materias - Curso académico 2009/2010
Enxeñería do software (ES)
1º Cuatrimestre, Troncal
Créditos: 7.5 (4.5T + 3.0P) Créditos ECTS: 6.0
Alumnos matriculados: 168
Linguaxe na que se imparte: castelán
Descriptores
- Ferramentas da enxeñería do software
- Planificación e xestión de proxectos informáticos
- Xestión de configuracións
Prerequisitos
Conflictos
Profesores
Obxetivos
Preténdese introduci-la noción de calidade e a súa aplicación ó desenrolo de sofware. Para elo darase unha pequena introducción ós patróns de calidade mais importantes e unha visión da súa aplicación nas empresas de desenrolo de software. A continuación trataranse os temas mais destacados nos primeiros pasos de mellora dun proceso software para lograr unha adecuada xestión da calidade.
Bibliografía
-
. Ingeniería del Software. Un enfoque práctico. McGraw Hill. 6ªEdición. 2005.
-
. Software Engineering. Addison-Wesley. 8ªEdición.
-
. Calidad de sistemas informáticos. Ra-Ma.
-
. ISO 9001:2000. Lograr la conformidad y la mejora continua en empresas de desarrollo de software. Vivek (Vic) Nanda.
-
. Ingeniería del Software. Aspectos de Gestión. IIIS (www.iiis.es). Volumen Tomo 1: Conceptos básicos, teoría, ejercicios y herramientas. 1998.
-
. Desarrollo y gestión de proyectos informáticos. McGraw Hill.
-
IEEE Standard for Software Configuration Management Plans.
Estándar IEEE 828-1990
-
IEEE Guide to Software Configuration Management.
Estándar IEEE 1042-1987
-
. Metrics and models in software. Quality Engineering. Addison-Wesley. 1994.
-
. La calidad del software y su medida. Centro de Estudios Ramón Areces.
- Interfaces, técnicas y prácticas. MÉTRICA versión 3. Ministerio de las Administraciones Públicas.
- Software Engineering Institute.
- Normas ISO 9000.
- Normas UNE-EN ISO 9000.
- International Function Point Users’ Group (IFPUG).
-
Manuales de usuario de la herramienta MS-Project 2000.
Temario
TEORÍA
- Introducción á xestión da calidade no desenvolvemento do software
- Ciclos de vida
- Xestión de proxectos
- Planificación de proxectos
- Xestión de riscos
- Xestión da configuración software
PRÁCTICAS
- Sistemas de calidade en empresas. Conceptos e implantación
- Ciclos de Vida e Xestión de Proxectos
- Traballo en grupo: xestión de Proxectos sobre MS-Project
Avaliación
Consideracións xerais: A avaliación realizarase tanto desde un punto de vista formativo coma de acreditación.O primeiro aspecto refírese á obtención da información necesaria para determinar cómo se vai desenvolvendo o proceso formativo, establecer a calidade do aprendizaxe do alumnado e aplicar as medidas correctivas necesarias para cubrir as lagunas de aprendizaxe detectadas. Para elo, o longo do curso valorarase (con ata un máximo de dous puntos a engadir linealmente á nota final) a participación activa, especialmente nas diferentes actividades propostas de calidade e ciclos de vida. Pola súa parte, o obxetivo da acreditación é constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias. Esta acreditación realizarase en dous momentos temporais distintos: 1) Unha vez finalizado o traballo en grupo de xestión e planificación de proxectos, mediante a súa presentación e defensa grupal e individualizada. 2) O finalizar o curso, mediante un exame escrito individual teórico e un práctico.
Aspectos e criterios de avaliación: A nota final de cada alumno obterase según o indicado posteriormente:
-
Aspecto: Conceptos da materia.
Criterios: Dominio dos coñecementos teóricos da materia.
Instrumento: Exame teórico escrito individual.
Peso: 30%
-
Aspecto: Aplicación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos.
Criterios: Dominio dos coñecementos prácticos da materia.
Instrumento: Exame práctico escrito individual.
Peso: 40%
-
Aspecto: Aplicación práctica dos coñecementos teóricos adquiridos.
Criterios:
- Memoria entregada do traballo en grupo.
- Exposición e defensa do traballo en grupo.
- Nivel técnico do traballo en grupo.
- Completitude, claridade e exposición do traballo en grupo.
- Dominio de los coñecementos adquiridos.
- Participación activa no traballo en grupo.
Instrumento: Traballo en grupo de xestión e planificación de proxectos.
Peso: 30%
Para aprobar a asignatura é preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restriccións:
- É necesario ter aprobado o traballo en grupo para poder presentarse ós exámes teórico e práctico e aprobar a asignatura.
Aspectos a ter en conta:
- Os grupos de alumnos para realizar o traballo en grupo formaranse baixo as directrices do profesor cando éste así o indique no principio do curso.
- A exposición e defensa dos traballos en grupo será pública en horario oficial da asignatura e a estos actos deberán asistir todos os alumnos, que poderán facer preguntas, comentarios ou suxestións. Neste acto asignarase un tempo para que falen todos os membros do grupo e outro tempo para preguntas, críticas, comentarios y/o suxestións do profesor e do resto de alumnos.
- Na avaliación do traballo en grupo valorarase o nivel técnico do traballo e a completitude, claridade e exposición do mesmo.
- A nota asignada o traballo en grupo será a que reciban todos os membros do grupo que o defendan.
- A nota dos traballos en grupo que estén superados manterase ata que se troque o formato dos mesmos.
Os alumnos que non superen a asignatura terán que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais da asignatura mediante a realización dun novo exame teórico e práctico. Ademáis, aqueles alumnos que non superasen o traballo en grupo deberán volver facelo ata que éste cumpra os requisitos mínimos exixidos.
A puntuación obtida por participación activa nas actividades do curso non se conservará para as actividades de recuperación.