Como chegar
Como chegar
A facultade de informática da universidade da Coruña está situada no campus de Elviña ás aforas da cidade da Coruña como se pode apreciar no seguinte plano:

En coche
A principal entrada á cidade é a través da avda. do alcalde Alfonso Molina na que desembocan dun xeito ou doutro as principais estradas que chegan á Coruña.
Para ir ó campus de Elviña primeiro temos que chegar á avda. Alfonso Molina.
Así, as posibles rutas a seguir dende as principais cidades galegas serían (2 alternativas por cidade):
-
Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela
-
Autoestrada AP-9
Avda. Alfonso Molina
-
Estrada N-550
Avda. Alfonso Molina
-
Autoestrada AP-9
-
Lugo
-
Autovía A-6
Autoestrada AP-9
Avda. Alfonso Molina
-
Estrada N-VI
Rúa Ponte Pasaxe
Avda. Alfonso Molina
-
Autovía A-6
-
Ourense
-
Estrada N-525 (Santiago)
Autoestrada AP-9
Avda. Alfonso Molina
-
Estrada N-525 (Santiago)
Estrada N-550
Avda. Alfonso Molina
-
Estrada N-525 (Santiago)
-
Ferrol
-
Autoestrada AP-9
Avda. Alfonso Molina
-
Estrada N-631 (Betanzos)
Estrada N-VI
Rúa Ponte Pasaxe
Avda. Alfonso Molina
-
Autoestrada AP-9
As principais entradas por estrada á Coruña poden verse na seguinte imaxe:
Unha vez cheguemos á avda. Alfonso Molina teremos que facer un cambio de sentido xa que a entrada ó campus está en dirección saída da cidade. Esta manobra pode facerse na avda. de San Cristóbal que cruza por encima da avda. Alfonso Molina despois de pasar o paso peonil elevado e o barquiño situado na entrada da cidade.
Feito o cambio de sentido só queda coller o desvío ó campus de Elviña xusto despois de pasar o concesionario da SEAT.
O percorrido amósase na seguinte imaxe:
A facultade de informática é o terceiro edificio a man esquerda, como se pode ver neste esquema do campus de Elviña:
Para os que veñan á Coruña dende Arteixo, Carballo, etc. o máis doado é entrar pola autoestrada AG-55. Así, a ruta a seguir, como se indica na imaxe, sería:
Autoestrada AG-55Con isto nos situamos na avda. Alfonso Molina dirección saída da cidade, co que non é necesario facer o cambio de sentido que se facía no caso anterior. Dende aquí, o percorrido ata o campus de Elviña é o mesmo que no outro caso.
Hai que ter especial coidado de non pasarse a saída da AG-55.
Vínculos de interese- DGT, estado das estradas
En autobús urbano
Información de contacto: Compañía de tranvías - Avda. Gran Canaria s/n - Tel. 981 250 100
O campus de Elviña conta cunha liña especial de autobuses urbanos denominada Especial Universidade que cubre o traxecto dende a praza de Pontevedra ata o campus cunha frecuencia aproximada de entre 5 e 10 minutos e cun horario ininterrompido de 7:20 a 23:05.
No período vacacional segue funcionando aínda que a frecuencia diminúe, tardando entre 15 e 20 minutos aproximadamente.
O percorrido amósase no seguinte esquema:

-
Tarxeta Bono-bus ordinario
Para a súa obtención consultar á compañía chamando ó teléfono arriba indicado.
-
Tarxeta Bono-bus universitario
Información no pavillón de estudiantes (campus de Elviña) Tel. 981 167 000 ext. 1190 ou 1192
O enlace ou transbordo das liñas ordinarias coa Especial Universidade é gratuíto usando calquera das tarxetas do Bono-bus.
Vínculos de interese- Para unha relación completa das liñas existentes de autobuses urbanos pódese consultar a páxina Web do concello da Coruña en
En tren
Información de contacto: Estación de San Cristóbal - R/ Joaquín Planells, s/n - Tel. 981 187 259 / 902 240 202
Horarios e prezos en http://horarios.renfe.es/hir/ ou chamando ós teléfonos arriba indicados.
A Coruña dispón dunha única estación de ferrocarril para viaxeiros, a estación de S. Cristóbal. Para ir dende esta estación ó campus de Elviña temos, entre outras, as seguintes opcións:
-
Coller un taxi
Hai unha parada á saída
-
Ir en bus urbano
Primeiro deberemos achegarnos á parada do Especial Universidade na avda. Alfonso Molina
-
Alugar un coche
-
ATESA: 981 231 242 - http://www.atesa.es
-
HERTZ: 981 234 012 - http://www.hertz.es
-
As paradas de taxi e autobús urbano e como chegar a elas móstranse neste esquema:
Como se pode ver, a parada do Especial Universidade atópase xusto na avda. Alfonso Molina a carón dunha gasolineira. Obsérvese que para chegar a ela dende a estación de autobuses hai que atravesar un paso peonil elevado.
Por outro lado, o campus de Elviña conta cun apeadeiro propio situado preto do estadio polideportivo como se pode ver neste esquema:
Poden beneficiarse desta parada directa no campus aquelas persoas que veñan dende Monforte de Lemos, Lugo ou Ferrol (ou calquera das localidades situadas nestas liñas, incluída a propia cidade da Coruña)
Os horarios dos trens que paran no apeadeiro poden consultarse na páxina Web de RENFE arriba indicada.
A parada no apeadeiro é facultativa, é dicir, realizarase previa petición do cliente.
subirEn autobús
Información de contacto: Estación de autobuses - R/ Caballeros, 21 - 981 184 335 de 06:30 a 00:30
A estación de autobuses atópase moi preto da do ferrocarril. Para ir ó campus de Elviña dende ela pódese, entre outras alternativas:
-
Coller un taxi
Hai unha parada xusto á saída
-
Ir en bus urbano
Primeiro deberemos achegarnos á parada do Especial Universidade na avda. Alfonso Molina como se amosa no esquema do apartado "En tren"
Algunhas compañías de autobuses ofrecen servicio directo ó campus de Elviña dende localidades próximas á Coruña. Para máis información sobre isto ou acerca de posibles descontos chamar ó tfno. arriba indicado.
Vínculos de interese- Máis información sobre as compañías de autobuses en
En avión - Aeroporto de Alvedro (A Coruña)
Información de contacto: Tfno. 981 187 200
O aeroporto de Alvedro está situado a 8 km da cidade na estrada N-550. Para ir ó campus de Elviña dende alí podemos:
-
Coller un taxi
Tfno. da parada 981 651 111. Prezo aprox. 12
-
Alugar un coche
Temos varias opcións:
-
ATESA: 981 662 365 - http://www.atesa.es
-
AVIS: 981 666 852 - http://www.avis.es
-
EUROPCAR: 981 650 865 / 981 187 285 - http://www.europcar.es
-
HERTZ: 981 663 990 - http://www.hertz.es
-
-
Ir en autobús (ata a estación de autobuses)
Servizo ofrecido pola empresa ASICASA, 981 231 234
-
Pódense consultar os horarios na páxina Web da compañía en http://www.autoscalpita.es/HorariosASC.htm
-
Duración aprox. do traxecto: 25 min.
-
Unha vez na estación de autobuses, seguir os pasos indicados na sección "En autobús" para chegar á facultade de informática.
-
Para chegar en coche ata o campus ó máis doado é seguir a N-550 collendo á esquerda no cruce de acceso ó aeroporto. Unha vez cheguemos á avda. Alfonso Molina pódense seguir os pasos indicados no apartado "En coche".
Sirva como referencia este mapa de estradas:

Aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela)
Información de contacto: Tfno. 981 547 501 / 981 547 500
O aeroporto de Lavacolla está situado a 12 km de Santiago de Compostela. Temos as seguintes opcións para chegar á Coruña dende alí:
-
Coller un taxi
Tfno. da parada 981 591 575. Prezo aprox. 54
-
Alugar un coche
Varias alternativas:
-
ATESA: 981 599 877 - http://www.atesa.es
-
AVIS: 981 596 101 - http://www.avis.es
-
EUROPCAR: 981 547 740 - http://www.europcar.es
-
HERTZ: 981 598 893 - http://www.hertz.es
-
-
Ir en autobús
Hai unha liña directa dende o aeroporto á cidade da Coruña. Para máis información chamar ó 981 257 082 ou ós teléfonos de contacto do aeroporto arriba indicados.
Para ir á Coruña en coche dende o aeroporto de Lavacolla a ruta máis sinxela é a seguinte:
AeroportoUnha vez cheguemos á avda. Alfonso Molina pódense seguir os pasos indicados no apartado "En coche".
Para facerse unha idea da ruta podemos botarlle unha ollada ó seguinte esquema:

Hai máis alternativas para ir á Coruña pero temos que pasar por Santiago. Aparte do servizo de taxis existe unha liña de autobuses entre o aeroporto e a cidade de Santiago que leva a compañía Freire (981 588 111)
Unha vez en Santiago:
-
Estación de autobuses: R/ Rodríguez de Vigurí s/n - 981 542 416
-
Estación do ferrocarril: Rúa do Hórreo s/n - 981 59 18 59 / 902 240 202 - http://horarios.renfe.es/hir/
- Información sobre aeroportos en
- Aloxamento na Coruña
- DGT, estado das estradas
- Información turística de Santiago en
Descarga de imaxes de alta resolución
Nesta sección pódense descargar algunhas das imaxes do como chegar nun formato de alta calidade para poder apreciar os detalles. Está dispoñible tamén unha foto aérea de toda a cidade da Coruña.
-
Entradas por Alfonso Molina (2300x830 px, 300 ppp, 523 KB)
-
Cambio de sentido en S. Cristóbal (2000x1617 px, 300 ppp, 646 KB)
-
Entrada por AG-55 (2000x1356 px, 300 ppp, 698 KB)
-
Percorrido ata a parada do Especial Universidade (1050x691 px, 150 ppp, 196 KB)
-
Foto aérea da cidade da Coruña (7271x9997 px, 300 ppp, 23 MB)





